Vieiros: Galiza Hoxe

Rota do Pedregal


Para percorrer esta interesante ruta, que nos permite gozar da Serra de Meira e coñecer o lugar exacto no que nace o río Miño,o noso bem querido Pedregal, podemos empregar o cabalo ou a bicicleta de montaña, aínda que tamén se pode facer a pé. Son uns 11 Km., que nos levarán unhas 3 horas, en función do medio empregado e da forma física. O punto de partida é a vila de Meira, se a realizamos a pé. Aquí poderemos contemplar a magnífica igrexa románica, do antigo convento cisterciense, e degustar as saborosas empanadas da vila. En caso de utilizar o cabalo, sairemos dende as Corvaceiras onde o podemos alugar, do mesmo xeito que as bicicletas. Xa cun guía que nos acompaña, tomaremos desde aquí cara ao Pedregal por unha pista de terra e camiños asfaltados, ata chegar á base, onde xa corren as augas do novo Miño. Existe unha fonte de cristalinas augas, que poderemos beber antes de proseguir camiño. En Irimia de Arriba hai un interesante hórreo, que merece a pena coñecer. Ascendemos pola pista que nos leva ata a Cruz de Meira ? lugar onde se celebran «fachendosos» cos cabalos salvaxes da serra?, con preciosas panorámicas da Terra Chá, nos días claros. A ruta pasa por baixo das antenas do repetidor; desde aquí poderemos ver o val do Eo, na vertente este de a Sierra. Máis adiante, atopamos a Pena dos Corvos, onde a lenda sitúa unha pota de ouro escondida polos monxes do Mosteiro de Meira, expulsados tras a desamortización de Mendizábal. Continuamos, para pasar por encima das casas de Espido de Murias, pola preciosa Fraga de Candedo, e xa pola Lama Travesa e a Penela, dende aí xa estamos de volta o punto de partida.

No hay comentarios: