Vieiros: Galiza Hoxe

Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia

A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non é desdeñable, pero o propio nome, fontemiña, fonmiñá, Fuente miña, fonte miñana, ... chama abondo máis que 'Pedregal de Irimia' como nacemento para o río. E todo esto, sen entrar nin saír de cal é o 'auténtico' sitio de atribución do nacemento.Coido que algo deso está intentando que pase coa ría de Ribadeo. Como o nome do río é máis curto, e ademáis, é usado en máis sitios pois a cunca do río é ampla, preténdese unha suplantación...

.Buceando pola rede.(Espido) Post publicado en RIBADEANDO o (7/7/07) por agremon
-http://ribadeando.blogspot.com/

1 comentario:

agremon dijo...

... pois grazas por citarme.