Vieiros: Galiza Hoxe

A Galiza Irredenta



Supoño que aqueles que nunca pertenceron nin pertencen a unha Nación con seculares dificultades de se organizar soberanamente como tal ou que fican, deliberadamente ou non, alonxados deste tipo de preocupación e sensibilidade íntima e colectiva, parecera-lles unha simpleza, cando non unha perfecta parvada, falar hoxe en dia da "Galiza irredenta", deses homes e territórios que un dia foron galegos e hoxe non o son por claras aínda que complexas razóns. Pode un imaxinar sen esforzo o aceno e ata os posíbeis epítetos dirixidos por tales interlocutores a quen para "gañar o seu tempo", o perderia -según eles- en tales anacronismos románticos.

Sen embargo, fronte a tal insensibilidade e esmagadora postura, que nada quere coñecer nin cambiar, hai que contrapoñer a História e mailo presente, reafirmar a necesidade de se rebelar contra os determinismos político-administrativos e incidir nas posibilidades que o tempo presente oferece de formular-se e reconsiderar cuestións até agora fechadas por posicións "borbónicas" e radicalmente tabúes por ineluctábel domínio da "Realpolitik".

Cando se fala disto non se está fora do tempo nin se exerce unha inútil sublimación da História. Aténde-se á situación actual de crise do Estado unitário e aténdese tamén a que o crecente fenómeno plurinacional (estatalizado) exixe que os novos centros políticos nacionais se configuren axeitadamente e non deixen "no man lands" nos que habiten persoas desarraigadas da sua pertenza territorial, cultural e lingüística, no seu caso.

Formular unha cuestión así - e profundizar nela- implica espir-se da moita carga histórica centralista e supón, asemade, valorar en todo o seu alcance dunha filosofia de liberdade humana individual que se engrandece coa sua dimensión grupal e nacional.
A Galiza Irredenta (Xerais, 1998, Álvaro Xosé López Mira)

Rota do Pedregal


Para percorrer esta interesante ruta, que nos permite gozar da Serra de Meira e coñecer o lugar exacto no que nace o río Miño,o noso bem querido Pedregal, podemos empregar o cabalo ou a bicicleta de montaña, aínda que tamén se pode facer a pé. Son uns 11 Km., que nos levarán unhas 3 horas, en función do medio empregado e da forma física. O punto de partida é a vila de Meira, se a realizamos a pé. Aquí poderemos contemplar a magnífica igrexa románica, do antigo convento cisterciense, e degustar as saborosas empanadas da vila. En caso de utilizar o cabalo, sairemos dende as Corvaceiras onde o podemos alugar, do mesmo xeito que as bicicletas. Xa cun guía que nos acompaña, tomaremos desde aquí cara ao Pedregal por unha pista de terra e camiños asfaltados, ata chegar á base, onde xa corren as augas do novo Miño. Existe unha fonte de cristalinas augas, que poderemos beber antes de proseguir camiño. En Irimia de Arriba hai un interesante hórreo, que merece a pena coñecer. Ascendemos pola pista que nos leva ata a Cruz de Meira ? lugar onde se celebran «fachendosos» cos cabalos salvaxes da serra?, con preciosas panorámicas da Terra Chá, nos días claros. A ruta pasa por baixo das antenas do repetidor; desde aquí poderemos ver o val do Eo, na vertente este de a Sierra. Máis adiante, atopamos a Pena dos Corvos, onde a lenda sitúa unha pota de ouro escondida polos monxes do Mosteiro de Meira, expulsados tras a desamortización de Mendizábal. Continuamos, para pasar por encima das casas de Espido de Murias, pola preciosa Fraga de Candedo, e xa pola Lama Travesa e a Penela, dende aí xa estamos de volta o punto de partida.

Novos PwC

O poeta de Meira


Avelino Díaz naceu en Santa Comba de Orrea, Concello de Riotorto (Lugo), o día 14 de novembro de 1897.
Aos dez anos foi vivir a Meira coa súa familia e no 1910 emigrou á Arxentina, voltando a Galiza no 1916 e volvendo a saír no 1920 para Cuba onde estivo moi pouco tempo e de alí foi cara a Bos Aires (1921).
A infancia de Avelino Díaz tivo días tristes, soubo de sufrimentos, o que lle foi dando namentres medraba unha mocidade de rexa moral con inquedanzas de home estudioso para chegar na madurez a ter unha personalidade literaria de fonda raizame galega. Empurrado polo sentimento galego que lle naceu na diáspora achegouse á colectividade de Bos Aires e comezou a facer xornalismo.
Colaborou en "Céltiga", "Despertar Galego" e no seu sucesor "Galicia", do que foi director durante algúns anos, así como nos xornais "Opinión Gallega" , "Lugo" e a Revista "Galicia Emigrante" que dirixía Luís Seoane.Durante a guerra civil Avelino púxose a traballar coas organizacións de axuda á España Republicana. En contacto coa Federación de Sociedades Galegas realizou unha morea de tarefas solidarias. Coa derrota das forzas leais comezaron a chegar os exiliados, entre eles o "guieiro natural dos galeguistas", Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Avelino participou na creación das Irmandades Galegas participando do seu xornal "A Nosa Terra". Nun dos seus artigos o propio Avelino Díaz sinala sobre o momento político:

"Manteñamos ergueita a nosa fe, vivamos coa esperanza e fagamos no adiante, como fixemos ata agora, do amor á nosa patria a oración laica de todos os días e de todas as horas. O noso pobo vive e ten inquietude. Mañá mesmo pode ser día de redención".O 28 de xuño de 1936 díxonos que "os tempos foron chegados e que -as nosas vaguedades cumprido fin terán-".En 1947 publicou "Debezos" en galego e "Flor de Retama" en castelán, ambos os dous poemarios. En 1963 publicou en galego o libro de poesía "Pallaregas"; con relación a este último libro o escritor Ricardo Molinari sinalou nun artigo: "En `Pallaregas´ Avelino Díaz súperase sobre os seus outros envíos `Debezos´ e `Flor de Retama´. Todos os temas son dunha galeguidade entrañable. É esta poesía de sentimento íntimo e canle ao mesmo tempo".No ano 1951 foi nomeado Correspondente da Real Academia Galega. Foi Secretario do Primeiro Congreso da Emigración Galega que se fixo en Bos Aires en 1956. Foi tamén membro da Comisión de Cultura do Centro Galego e do Consello de Galiza. Formou parte dos xurados literarios do Centro Galego de Bos Aires.O poeta de Meira, como se lle chamaba, cultivou a amizade de numerosos poetas arxentinos e foi un dos fundadores do grupo literario "Impulso"; participou tamén do famoso Ateneo da Boca, onde se reunían poetas, artistas plásticos e librepensadores de destacado prestixio.O recoñecido crítico literario Ricardo Carvalho Calero sinalou nunha ocasión: "Avelino Díaz ten xa un lugar no mundo literario galego".Avelino Díaz era un fondo coñecedor da obra de Alfonso Castelao e chorouno como poucos, con ollos baleiros de luz mais cheos de afervoada admiración.Segundo conta Neira Vilas nas súas "Memorias da Emigración": "Traballaba nunha importante empresa exportadora de cereais e por esa razón viaxaba con frecuencia ao Uruguai e ao Brasil. Pasaba longas tempadas en Montevideo onde se vencellou á colectividade galega e tomou parte en actividades culturais e patrióticas. O seu facer estivo compartido entre as dúas beiras do Plata".Avelino Díaz tivo que arrastrar una dura enfermidade durante os seus últimos anos da súa vida o que lle imposibilitou continuar coa súa actividade creadora, malia que era moi común atopalo en todo tipo de acto patriótico que tivera como obxectivo a liberdade de Galiza.Cando estaba para cumprir os 74 anos, o 29 de marzo de 1971 faleceu no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires. Os restos do poeta foron despedidos polos señores Segundo Pampillón e no nome do Consello de Galiza Antón Alonso Ríos.O xornal "El Correo de Galicia" de Bos Aires sinalou diante da súa morte:

"A vida de Avelino Díaz foi exemplar en todos os aspectos. Non se limitou a facer versos crendo que con iso xa cumprira co seu deber con Galiza. El sabía que os versos sós non axudarían á súa terra a saír da escura noite na que estaba sumida e por ese traballo, con laudable inquietude, en todo evento que se organizara para demostrar os anceios de liberdade que os galegos teñen...".Mentres que a Revista "Galicia" do Centro Galego sinalaba:

"O Centro Galego chora por este fillo de Galicia inmortal que nos deixou hai poucos días. O seu corpo está perto do de Castelao e Suárez Picallo no noso Panteón. A alma fica lonxe... na terra que un día tomou a Avelino Díaz para facer del un grande poeta".Como dixo "A Nosa Terra": "Así foi en vida este bo galego, bo patriota e inspirado poeta".
FONTE: Enciclopedia da Emigración Galega, www.cigmigracion.com

Os Comandos de Tropa Lixeira están de manobras do Antroido.

Ceibate

ATA KI

FLTM.
NON O ENGANO ABSURDO!



.pode ocorrer, eiqui xa ocorre,,, Adhesióm ou Sumisióm!

Bomba Meirega

el progreso digital 31/1/08. Portada

teño visto polo 15, na praza xogando o basket, vai anos diso,,,
sei que ten bos amigos en Meira, propoño para ser Meirego de Toda a Vida.
valinha.

Gerrilheiros do Mundo, compañeiros do FLTM
Barakaldo 21/6/2007
Queridos Jherrilheiros:
Hoxe quérovos presentar a un personaxe único na sua especie, O Pako de Parla. A este home coñecino fai dous anos cando un día o filho da puta do meu xefe díxome que iba a empezar unha obra nova con un tio que acababa de chegar de Parla e que era o puto amo no seu trabalho.
Cando cheguei a obra ahí estaba o Pako. Menudas pintas. O primeiro que pensei foi en gardar a carteira. Pero equivoqueime, era un tio de puta nai. Era un ladrón, un cheiñas e estaba bastante tolo pero tiña madeira de Jherrilheiro. Non trabalhábamos nada e nos dedicábamos a preparación de bombas, videos amenazantes contra Fraga e compañía, e ensaiabamos técnicas de combate. Aquí podédelo ver en estas catro fotos. Así é como debe ser a indumentaria dun auténtico Jherrilheiro: Pasamontañas, cinturón de dinamita, palestino, camisola do Celta, pitillo na boca, bandeira de NUNCA MÁIS, foto de Mostovoi, bazoca ao hombro e sempre sempre, cara de tolo.

Novo Membro


ViTTiN é o ultimo** membro admitido como editor na primeira remesa de invitacións,,

Istes novos editores foron invitados por Identificarse, claramente coma Meiregos pola internet, coma en YouTube,Blogger,FotoLog etc.
ai moitos mais,, algún sem posibilidade de contacto ,, unha pena,, pero tamen ai Meiregos que renuncian a identidade Meirega. esperamos que entren en razoamento e volten polo camiño.
nos vindeiros meses abriranse novos administradores entre os editores, e novas invitacións.

**P:D: os editores que estímen oportuno poden mandar a dirección de correo de novos menbros a causa Mtv.

Montes Ceibes


Compañeiro Guerrilheiro do monte Pindo.

Concurso LOGO

Co obxectivo de dotar á recén creada Asociación Cultural M de Meira dunha imaxe asociativa,
acorde coas novas tendencias, que sexa facilmente recoñecida e identificable, convócase o
presente concurso de deseño de "LOGO":
BASES:
1.- Poderán participar todas as persoas que o desexen, a partires dos 14 anos, cun número libre de obras por autor.
2.- O logotipo deberá ser orixinal e inédito, debe figurar a frase "M de Meira" ou "EME de Meira", e poderá incluir ou non a expresión “Asociación Cultural”
3.- Poderase utilizar calquera tipo de técnica de deseño, aínda que se recomenda o soporte informático. Quedan
excluídos os traballos a óleo, acuarela, ou calquer técnica de dificil reproducción. Aconséllase empregar cores que sexan facilmente trasladables a escala de grises.
4.- O logotipo premiado pasará a ser propiedade exclusiva e permanente da Asociación. Será empregada como imaxe representativa da mesma.
5.- Soporte: En papel, tamaño máximo din A4, ou en formato electrónico (gardado nun CD, formato jpg, giff, etc.)
realizado con algúns dos programas habituais de deseño grafico.vOs traballos pódense entregar na Biblioteca Municipal ou na Casa da Cultura de Meira. Entregaranse nun sobre pechado. No frontal figurará “concurso Logo M de Meira” e un seudónimo, que servirá para
identificalo. Xunto co proxecto deberá presentarse un segundo sobre (nº2), pechado donde figurarán os datos persoais do participante Nome, Dni, Dirección. Tel, e no exterior do sobre o Seudónimo. Para a correcta identificación do traballo
6.- O prazo de entrega dos traballos remata o 29/02/2008 inclusive.
7.- O xurado ou encargado de emitir o seu fallo estará composto polos Socios e Membros da Asociación M DE MEIRA. O fallo, inapelable, será comunicado ao gañador. O xurado resérvase o dereito de declarar o concurso deserto.
8. Devolución dos traballos non premiados: poderanse recoller nos 30 días seguintes á aparición do veredicto na Biblioteca Municipal
9.- O autor do traballo gañador recibirá a inscripción gratuíta como socio por un ano, un agasallo, unha mención da asociación que o consello de dirección entregará ao gañador na seguinte reunión do consello, así coma o recoñecemento de adoptar o seu deseño como emblema oficial da Asociación Cultural M de Meira.
10.- Aceptación da bases: A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e o fallo do xurado.

nemproarts.

Novos Membros Mtv

tomalleoutra.com
Eu flipo, si eses da pontenova,, non van e montan un blog para poñer as cheas que collen. Manda carallo, temos uns veciños da hostia,,,jajja
eso si teñem outra boa camada,. A POR ELAS MEIREGOS!

Novo Mtv active user:


Benvido Mtv.

Polos vieiros do vello Miño

De Estro Montaña

Minuciosa viaxe polas beiras do río Miño. Desde o seu nacemento na serra de Meira, ata a desembocadura en Caminha, o autor móstranos un paseo polas vellas cidades episcopais ―Lugo, Ourense, Tui―, os cenobios do Císter, os castros celtas, pazos, illas, pobos anegados, tradicións relixiosas, festas populares, a gastronomía...

Meiregando. ou fasendo amigas


friends,Meiregos.

O lobo de Meira

Non sei si na Serra de Meira quedan Lobos, pero temos a versión moderna. Os irmáns Vallejo
-.sempre levando o nome de Meira por diante!

novo Mtv active user

Comarca Meirega

zona de concas fluviais e altas montañas. Ríos Eo e Rodil. Comprende os municipios de: Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto.

Meira:
Mosteiro de Meira: construído e fundado no século XI, de estilo románico borgoñón. Foi consagrada en 1258. Destacan: o seu claustro renacentista do século XVI, colección de ourivaría sacra, a Casa Monasterial renacentista.
Ermida de San Pedro.
Capela de Paredes: foi construída no século XIX.

Ribeira de Piquín: bañada polo río Eo e situada na Sierra de Meira, os picos máis altos 900 mts. Pena Grande e Pena Ouviñana.

Restos de Poboado Celta e precelta, na Insua.
Castro de Cabaceira: restos de poboado Celta.
Castro de Texeira: restos dun poboado Celta.
Mámoas dos Baos: restos arqueolóxicos prehistóricos.
Igrexa de San Juan dos Baos: románica.
Igrexa de San Xurxo de Piquín: construída no ano 1782, en estilo neoclásico.
Igrexa de Santa Baia de Piquín: barroca do século XVIII.

Riotorto:
zona de vales, concas de ríos moi fértiles bañadas por varios ríos (Eo, Miñotelo, Torto, Areales, A Chousa) e altas montañas. Turismo rural.
Igrexa de Santa María de Meilán: foi construída no século XVIII.
Torre do Mouro: construída no século XIV.
Igrexa de Espasante: construída no século XVII.
Igrexa de San Pedro de Riotorto: construída no século XVIII, en estilo neogótico.

Pol:
situado nas estribaciones de estribaciones da Sierra de Meira e da Sierra do Miradoiro.
Igrexa de Santa María de Valonga: de estilo románico.
Igrexa de Santa María de Cirio: é neoclásica.
Igrexa de San Pedro de Ermunde e a de Santa María de Fraialde : barrocas
* Nacimiento del Río MiñoDireccion: Sierra de Meira Las tierras de Galicia no fueron "descubiertas" durante mucho tiempo, es decir, no se sabían a ciencia cierta datos sobre la naturaleza, de hecho, hasta mediados del siglo XX, se creyó que el Miño, el más importante río de la comunidad gallega, nacía en una laguna de Fonmiñá. En realidad, el Miño nace en la siera de Meira, en el Pedregal de Irimia. Un conjunto de piedra y barro (morrena) de origen glaciar, sirve de "fuente" al nacimiento del Río.

http://destinia.com/guide/el-mundo/europa/espana/lugo/lugo/1-30004-30200-31416-32597/30/es

Lendas do Pedregal

AS lendas do Pedregal de Irimia.
Hai oitocentos anos, unha vella meiga vivía no alto da serra e negouse a pagar tributos aos frades do convento de Santa María de Meira. A resposta dos monxes foi contundente: decidiron aproveitar aquelas terras para manter o seu gando. En vinganza, a vella cortou todo abastecemento de auga proveniente dos seus dominios, e taponou con pedras o nacemento do río.

Outra historia di que en época remota unha bruxa pretendía expulsar da vila aos frades; para iso ía pola serra cunha morea de pedras; de súpeto, oíu as campás a rebato. Presa de medo, deixou caer as pedras e, de modo inesperado, xurdiu o Pedregal de Irimia.

Aínda hai unha versión diferente: as pedras foron deixadas alí por unhas xentes que pretendían, unha tarde de tormenta, guindalas contra o convento, mais fuxiron ao veren no ceo a figura de Bernardo de Claraval.

As tres versións, sen dúbida, teñen algo en común: os receos provocado polo enorme poder dos frades de Meira, donos durante a Idade Media de terras que ían de Amandi ata Sober e de Ribadeo ata Ortigueira.