Vieiros: Galiza Hoxe

Mostrando entradas con la etiqueta lendas do minño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lendas do minño. Mostrar todas las entradas

Lendas do Pedregal

AS lendas do Pedregal de Irimia.
Hai oitocentos anos, unha vella meiga vivía no alto da serra e negouse a pagar tributos aos frades do convento de Santa María de Meira. A resposta dos monxes foi contundente: decidiron aproveitar aquelas terras para manter o seu gando. En vinganza, a vella cortou todo abastecemento de auga proveniente dos seus dominios, e taponou con pedras o nacemento do río.

Outra historia di que en época remota unha bruxa pretendía expulsar da vila aos frades; para iso ía pola serra cunha morea de pedras; de súpeto, oíu as campás a rebato. Presa de medo, deixou caer as pedras e, de modo inesperado, xurdiu o Pedregal de Irimia.

Aínda hai unha versión diferente: as pedras foron deixadas alí por unhas xentes que pretendían, unha tarde de tormenta, guindalas contra o convento, mais fuxiron ao veren no ceo a figura de Bernardo de Claraval.

As tres versións, sen dúbida, teñen algo en común: os receos provocado polo enorme poder dos frades de Meira, donos durante a Idade Media de terras que ían de Amandi ata Sober e de Ribadeo ata Ortigueira.