Mostrando entradas con la etiqueta rio Miño. Mostrar todas las entradas

Lendas do Miño
Luis Chapela Bermúdez - Moaña
Amancio naceu hai un feixe de anos en Meira, Lugo, pero sendo un mozo abandonou aquelas terras e veu a vivir á beira do mar, na parroquia de Chapela (Redondela). Aquí coñeceu a Chelo, que hoxe é a súa esposa, tiveron fillos e foron moldeando o seu fogar na parte alta da parroquia. Cando era neno ía á escola da aldea, na que o mestre lle dicía que o río Miño nacía en Fonte Miñá, tanto el coma os outros rapaces así o crían. Daqueles anos lembra aquel lugar (Fonte Miñá) rodeado de campos onde se sementaba o millo e despois herba. Os traballos facíanse a man, hoxe todo é con máquinas. A pouca distancia de Fonte Miñá hai un muíño chamado de Matías, que se sirve da auga da pequena lagoa que alí hai, aínda hoxe é una satisfacción mirar traballar aquel muíño.Cando se carretaba a herba seca nos carros do país, para despois nos quinteiros das casas facer os palleiros, unha tarde seica dúas vacas saíron asustadas pola incomodidade que lle daban as moscas levando o carro arrastro, intentaron paralas pero non foron capaces, segundo a xente que estaba presente o carro e máis o gando caeron na pequena lagoa e foron para o fondo, nunca máis apareceron. Hoxe aquel recinto está protexido por unha valla. Pero mira por onde co paso dos anos Amancio escoita que sitúan o nacemento do Miño no Pedregal, na Serra de Meira, máis concretamente en Irimia Alta. O certo é, que Fonte Miñá e un lugar que ten moita sona, situado no concello de Pastoriza, pero o regato que leva a auga ata alí é o que nace no Pedregal, en Meira, así deste xeito, xurde unha disputa entre os veciños que algúns aínda manteñen hoxe.Lembra Amancio, o que naqueles anos se contaba no Pedregal, lugar situado na ladeira da Serra de Meira, dicían algúns veciños que xa morreron, que polo interior da serra pasa un gran río moi profundo que é o pai do Miño. Outros din que o Pedregal foise formando porque cada muller que pasaba por alí ía deixando pedras no mesmo sitio. Seguramente que haberá outras lendas e outros contos destes lugares emblemáticos que xa son parte da nosa historia. Amancio que compartiu con nós estes recordos da súa infancia, é home respectuoso coas tradicións do país, coa natureza, coa fala, e que lle gusta percorrer Galicia cando o traballo en Casa Cándido llo permite, pois como el di: "A min gústame andar por onde pisa o boi".Luis Chapela Bermúdez - Moaña
Martes 10 de octubre de 2006
El faro de Vigo (cartas o Director)

O Miño e Meirego

Frente aprol do Recoñecemento oficial por parte do concello da Pastoriza,do nacemento do rio Miño no Pedregal de Irimia en Meira, como único berce do rio Miño e asumír a integración das terras da "Pastoriza Meirega"* no Concello de Meira.
* A Pastoriza Meirega son entre outras: fonmiñá, o tombo, paraxes,crecente,
Os misterios do Miño

O que segue é un pequeno extracto do traballo titulado "Biografía do Miño" e que D. Francisco Río Barja, director do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos e da Real Academía Galega presentou e así aparece no libro "Conferencias sobre o río Miño" publicado por Caixa Ourense.
-cuestións sobre o río Miño:
- A verdadeira fonte do Río Miño é o lugar coñecido como Pedregal de Irimia. Baséase en que o caudal de Fonte Miña únese a 10 km do percorrido do Miño. Úneselle pola esquerda e con moito menos caudal que o que xa leva o río. Non lles falta razón.
O río Miño dicíase, erroneamente, que nacía en Fonmiñá,Pastoriza. Hoxe todo o mundo admite que nace no Pedregal de Irimia, situado a 6km. de Fonmiñá.En Meira Pasa por Lugo e Ourense. Está embalsamado por Fenosa desde Portomarin ata Frieira. No seu percorrido ten os seguintes encoros: Belesar con 654 Hm3, Peares con 182 Hm3, Velle con 17 Hm3, Castrelo con 60 Hm3 e Frieira con 44 Hm3. Realmente está máis que embalsamado. Desemboca, no oceano Atlántico, logo de pasar por Tui e A Garda e logo de ser un río internacional desde Frieira.
.MTV
Suscribirse a:
Entradas (Atom)