A vida de Avelino Díaz foi exemplar en todos os aspectos. Non se limitou a facer versos crendo que con iso xa cumprira co seu deber con Galiza. El sabía que os versos sós non axudarían á súa terra a saír da escura noite na que estaba sumida e por ese traballo, con laudable inquietude, en todo evento que se organizara para demostrar os anceios de liberdade que os galegos teñen...".Mentres que a Revista "Galicia" do Centro Galego sinalaba:
"O Centro Galego chora por este fillo de Galicia inmortal que nos deixou hai poucos días. O seu corpo está perto do de Castelao e Suárez Picallo no noso Panteón. A alma fica lonxe... na terra que un día tomou a Avelino Díaz para facer del un grande poeta".Como dixo "A Nosa Terra": "Así foi en vida este bo galego, bo patriota e inspirado poeta".
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada