Vieiros: Galiza Hoxe

O noso río


"O Río Miño"

Coa casual visita ás paraxes meiregas, descubrindo pedras misteriosas e outras zonas que non comentarei para abreviar… unha parada no nacemento do Miño. Debera ser a interpretación da bandeira galega de dereita a esquerda pola súa traxectoria..Varias son as lendas que fan referencia a esta paraxe na que un se sinte en total contacto coa natureza.
A máis antiga, con connotacións bíblicas, fala duns homes pecadentos convertidos en pedras e que agardan a purificación coas augas limpas que alí nacen.
Unha máis recente fala da época na que chegaron os monxes do Císter. Unha vella feiticeira chamada Irimia que vivía na serra negárase a pagar os seus tributos, polo que os monxes decidiron quedar coas súas terras ricas en fontes para manter ao seu gando. A vella feiticeira encabuxada decidiu cortar o abastecemento de auga das súas terras facendo medrar tanto as pedras que impediran ver a auga até o límite das súas posesións: “Nunca poderedes probar as primeiras augas deste río porque é Miño”.
Un feitizo que aínda se mantén, xa que pasear polo pedregal é ouvir o ruxe-ruxe das primeiras augas do Miño que se agochan dos nosos ollos. Dende aquí pódense facer varias rotas a pé, a máis coñecida é a da Meixoadoira.
Cos seus 307 km, o Miño é o río máis longo de Galiza. Nace no Pedregal de Irimia na Serra de Meira,. Forman tamén a súa cabeceira os Regos, Porto da Pena e Xirómeno. Máis adiante acrecenta o seu caudal coas augas da Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza - Lugo, a uns 50 km ao norte da capital de provincia). Atravesa Lugo e Ourense, e desemboca en A Guarda (Pontevedra), facendo fronteira con Portugal (onde se di que desemboca preto de Caminha). Pasa polas vilas de Rábade (Lugo), Tui, Melgaço, Monção e Valença do Minho.É tamén o río máis caudaloso de Galiza, tendo como afluente o Sil, que aporta un caudal semellante na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense (Os Peares, 30 km ao norte de Ourense).
Está inzado de encoros: 3 entre Lugo e Ourense Belesar, 654 hm³ Os Peares, 182 hm³ Velle, 17 hm³ e dous entre Ourense e Portugal Castrelo de Miño, 60 hm³ Frieira, 44 hm³.
Despois de recibir o Sil, flúe cara ao sudoeste e constitúe a partir do encoro de Frieira ata a desembocadura fronteira entre Galiza e Portugal. En Ribadavia, ás súas beiras, prodúcese o célebre viño do Ribeiro de Avia.
Fai de fronteira uns 80 km, no centro dun val de forte produción agrícola, con millo ou patacas, por exemplo, así como forraxe para o gando. Na tirada final tamén se ve bordeado por viñas de Alvariño.
É practicamente non navegábel, exceptuada a súa desembocadura.


De Avelino Díaz:RIO MIÑO


RioMiño ¿Quen dixo, craro río Miño que naces en Fumiñá
se xunt-a Monterredondo, xa pasas, feito un rapaz?
¡Se xa; na Ponte de Meira
semellas ser un lanzal
mozo, que canta as cantígas
i-ó lonxe vai troulear!Eu sei que, sendo inda neno,
cando escoitas as campás
de Meira, na Veiga d-Horta,
aprendes a rezar.E sei, tamén, que tés
o teu bercio máis atrás,
aló na Serra de Meira,
d-Irima no Pedregal.E, dend-ali, como todo
galego qu-ha d-emigrar,
xa sales dicindo un prego
ou ben, un doce cantar.Despois, no longo camiño
pol-a terra galicián,
es un meirego que marcha
camiño de Portugal.
Por eso, porqu-és meirego,
por eso te quero máis.
(¡ Quizabes tuas augas levan
as bágoas de miña nai!) Cando chegues, río galego,
ás costas de Portugal
rolando en limpas maréias
volta ás praias galiciáns.¡ Volve, río Miño, volve,
que o galego que se vai
po-los vieiros do mundo
sempre teima de voltar!

O Poeta de Meira

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Smartphone, I hope you enjoy. The address is http://smartphone-brasil.blogspot.com. A hug.

Anónimo dijo...

El Miño lleva la fama, y el Sil lleva el agua......