
acorde coas novas tendencias, que sexa facilmente recoñecida e identificable, convócase o
presente concurso de deseño de "LOGO":
BASES:
1.- Poderán participar todas as persoas que o desexen, a partires dos 14 anos, cun número libre de obras por autor.
2.- O logotipo deberá ser orixinal e inédito, debe figurar a frase "M de Meira" ou "EME de Meira", e poderá incluir ou non a expresión “Asociación Cultural”
3.- Poderase utilizar calquera tipo de técnica de deseño, aínda que se recomenda o soporte informático. Quedan
excluídos os traballos a óleo, acuarela, ou calquer técnica de dificil reproducción. Aconséllase empregar cores que sexan facilmente trasladables a escala de grises.
4.- O logotipo premiado pasará a ser propiedade exclusiva e permanente da Asociación. Será empregada como imaxe representativa da mesma.
5.- Soporte: En papel, tamaño máximo din A4, ou en formato electrónico (gardado nun CD, formato jpg, giff, etc.)
realizado con algúns dos programas habituais de deseño grafico.vOs traballos pódense entregar na Biblioteca Municipal ou na Casa da Cultura de Meira. Entregaranse nun sobre pechado. No frontal figurará “concurso Logo M de Meira” e un seudónimo, que servirá para
identificalo. Xunto co proxecto deberá presentarse un segundo sobre (nº2), pechado donde figurarán os datos persoais do participante Nome, Dni, Dirección. Tel, e no exterior do sobre o Seudónimo. Para a correcta identificación do traballo
6.- O prazo de entrega dos traballos remata o 29/02/2008 inclusive.
7.- O xurado ou encargado de emitir o seu fallo estará composto polos Socios e Membros da Asociación M DE MEIRA. O fallo, inapelable, será comunicado ao gañador. O xurado resérvase o dereito de declarar o concurso deserto.
8. Devolución dos traballos non premiados: poderanse recoller nos 30 días seguintes á aparición do veredicto na Biblioteca Municipal
9.- O autor do traballo gañador recibirá a inscripción gratuíta como socio por un ano, un agasallo, unha mención da asociación que o consello de dirección entregará ao gañador na seguinte reunión do consello, así coma o recoñecemento de adoptar o seu deseño como emblema oficial da Asociación Cultural M de Meira.
10.- Aceptación da bases: A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e o fallo do xurado.
nemproarts.
No hay comentarios:
Publicar un comentario