Paraxes célticas e solitarias incitantes á meditacion e ao retiro mundano, varios dos piadosos ermitaños destas terras Meiregas reuníronse no ano 995 fundando unha comunidade dedicada ao Salvador. A pequena igrexa construída polo Abad Xiraldo converteríase en 1258 nun espléndido mosteiro consagrado polo Bispo de Lugo sendo Eimerico o Abad do cenobio.
Obxeto de doazóns e privilexios por parte da Realeza Galega desde o século XII, o Mosteiro de Meira chegou a estender xurisdición desde Ortigueira e Ribadeo ata Os Peares. No ano 1600 fundouse en Meira o Colexio de Filosofía, un avanzado centro de estudos de gran fama no Reino de Galicia. Vítima das guerras Napoleónica e Carlista así como da Exclaustración, desapareceu no século XIX.
No hay comentarios:
Publicar un comentario